Mejillón de Boiro

Just another WordPress.com site

Archive for septiembre 2010

Plan de desestacionalización turística do mexillón de Boiro, otoño 2010

leave a comment »

O Concello de Boiro, a través da súa Concellería de Turismo, ven de desenvolver un plano de acción destinado á desestacionalización turística e centrado na produción de mexillón no concello como recurso no que, a través de diversas actividades que se celebrarán ó longo de outono, pretenden ofrecerse alternativas formativas e de ocio para que os diferentes públicos (sector hostaleiro, turistas, veciños…) accedan ó coñecemento deste importante recurso desde perspectivas novidosas.

Con esa intención presentamos hoxe o calendario de actividades previstas que está composto por unha serie de obradoiros de cociña, catas, unhas xornadas/concurso de tapas centradas no mexillón de Boiro e unha acción destinada a dar a coñecer o mexillón de Boiro entre cociñeiros e prensa especializada.

O calendario inaugúrase o vindeiro luns 13 de setembro e continuará a desenvolverse, mediante citas periódicas, ata o mes de novembro.

Datas de Celebración:

  • Obradoiros de cociña / Cata: 13 de setembro, 4 e 25 de outubro (ver información detallada máis abaixo).
  • Xornadas da tapa do mexillón de Boiro (do 28 ó 31 de outubro)
  • Press Trip: Outubro (data por concretar)

XORNADAS / CONCURSO DA TAPA CON MEXILLÓN DE BOIRO

Desde a Concellería de Turismo promóvese esta actividade, que terá lugar na ponte de Tódolos Santos (28 ó 31 de outubro) coa finalidade de dinamizar o turismo nesas datas e, ó tempo, ofrecer unha alternativa de ocio ós veciños baseada no desfrute dun recurso local de enorme valor gastronómico. Igualmente, a cita pretende ofrecer ó sector hostaleiro alternativas para diversificar a súa oferta e chegar, dese xeito, a un público máis amplo.

As bases detalladas da convocatoria daranse a coñecer nos vindeiros días. Serán remitidas ás empresas hostaleiras do Concello e estarán á disposición de público e participantes na oficina municipal de turismo.

Estarán convidados a participar tódolos restaurantes, bares e cafetería do termo municipal.

As tapas a concurso estarán á disposición da clientela entre os días 28 e 31 de outubro, cando menos un mínimo de horas ó día.

Establécense cando menos tres premios: Un galardón á mellor tapa, dotado con 500€, un premio á mellor tapa tradicional e un premio á mellor tapa creativa.

As empresas colaboradoras ofrecen, igualmente, outro tipo de incentivos ós participantes, como cursos gratuitos de cata, visitas a bodegas, etc.

O xurado estará formado por cociñeiros galegos de recoñecido prestixio, prensa especializada e un representante do Concello de Boiro, que participarán nun acto de entrega de premios que terá lugar á finalización das Xornadas.

* Unha vez pechado o prazo de inscrición remitirase ós medios o listado de establecementos inscritos, o calendario detallado do evento e a lista de premios así como a cuantía correspondente a cada un deles.

Batea 1

OBRADOIRO DE COCIÑA: TAPAS CON MEXILLÓN DE BOIRO

Luns 13 de setembro.

Centro Social de Escarabote.  19:30 h.

Da man de Iago Castrillón e Eva Pizarro (Restaurante Acio, Santiago de Compostela), formados en prestixiosos restaurantes de España e do Reino Unido, os asistentes farán un percorrido polas posibilidades do mexillón como ingrediente principal de tapas e diferentes propostas culinarias.

O restaurante Acio foi premiado nas edicións de 2008, 2009 e 2010 do concurso Santiago(é)Tapas de Santiago de Compostela. O seu cociñeiro, Iago Castrillón, ten participado en eventos como Madrid Fusión, Santiago Repetirás ou o certame C3 Circle de Chefs.  Pola súa banda, Eva Pizarro, una das profesionais do mundo do viño con maior proxección no sector hostaleiro galego, dirixirá unha cata de viños especialmente seleccionados para acompañar ás propostas culinarias que se elaborarán no obradoiro.

Máis información: http://www.acio.es/

Bateas vista aérea 3.jpg

OBRADOIRO DE COCIÑA: O MEXILLÓN E A COCIÑA DE RESTAURANTE

Luns 4 de outubro.

Centro Social de Boiro. 19:30 h.

O restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe (Poio, Pontevedra) conta na actualidade cunha estrela na Guía Michelin e dous Soles na Guía Repsol.  O seu cociñeiro, Xosé T. Cannas,  formado en diversos restaurantes de Canada, Escocia ou Francia, é membro fundador do Grupo Nove, foi recoñecido como un dos 12 mellores cociñeiros novos de España por Club Millesime e foi un dos representantes da cociña galega na Exposición Internacional de Shanghai 2010, ademáis de presentar o programa Dando la Lata, en Canal Cocina. A sesión que dirixirá xunto co seu equipo de cociña estará centrada en pratos nos que o mexillón exerza un papel central, tratando de amosar a versatilidade deste molusco na cociña dun restaurante.

O obradoiro estará acompañado por una cata de viños excepcionais dirixida por Xoán T. Cannas, o outro piar creativo do restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe, recoñecido co premio Nariz de Oro 2004 ó mellor sumiller de España.

Máis información: http://www.nove.biz/es/pepe-vieira-camino-da-serpe

Batea y barco 2.jpg

OBRADOIRO DE COCIÑA: COCIÑA ITALIANA CASEIRA CON MEXILLÓN

Luns 25 de outubro

Centro Social de Abanqueiro. 19:30 h.

A cociña do mexillón conta cunha ampla tradición en diferentes zonas europeas, se ben é certo que tendemos relacionala con territorios da costa atlántica como Irlanda, Bélxica ou Portugal. O obradoiro de cociña italiana pretende rachar con ese tópico e achegar ós asistentes ós pratos tradicionais dunha das principias zonas mexilloneiras do Mediterráneo.

Anna Mayer é unha cociñeira italiana afincada en Sevilla, onde dirixe o proxecto :Panepanna, un obradoiro de saber gastronómico centrado na formación e na participación no que a cociña é entendida como un feito cultural. Formada na prestixiosa escola da Taberna del Alabardero (Sevilla), na actualidade imparte obradoiros de cociña en toda España e é colaboradora da aula Apetit’OH (Madrid). O obradoiro acompañarase cunha degustación gratuita de viños especialmente seleccionados para acompañar a cada un dos pratos que se elaboren na sesión.

Máis información:  http://www.facebook.com/panepanna

INFORMACIÓN E PRAZAS

Os obradoiros son gratuitos e abertos ó público en xeral, pero contan con prazas limitadas. Para asistir pode formalizarse a matrícula a través do seguinte enderezo.

Oficina de Turismo. Concello de Boiro

Pza. de Galicia, s/n. Ed. Consistorial

15930 (Boiro, A Coruña).

Tlf.: 981-842654

Fax: 981-844008

turismo@boiro.org

Información adicional e actualización da convocatoria: https://mejillondeboiro.wordpress.com

http://www.facebook.com/pages/Mejillon-de-Boiro/153276684697958

http://twitter.com/mejillondeboiro

Desenvolvemento técnico das actividades:

http://www.ideasgastronomicas.com

Jorge Guitián – 629987445

jorge@ideasgastronomicas.com
Na procura de alternativas que permitan ó sector hostaleiro boirense afondar no coñecemento deste produto de características únicas nacen os Obradoiros de Cociña do Mexillón de Boiro, concibidos como unha ferramenta ó servicio dos profesionais pero, sobre todo, do consumidor final e dun turismo que deste xeito ten á súa disposición novos recursos para afondar no coñecemento da tradición mariñeira e da súa vertente gastronómica.

Anuncios

Written by mejillondeboiro

septiembre 7, 2010 at 11:30 am

Publicado en Uncategorized